Narón intégrase no Eixo Atlántico o 1 de xaneiro

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, ven de enviar unha carta ó Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, indicándolle que unha vez rematado o procedemento de consulta escrita sen ningún voto en contra, “teño o gusto de informarlle que a solicitude de Narón para incorporarse ó Eixo Atlántico terá lugar con efecto 1 de xaneiro de 2013”.

A integración de Narón nesta entidade permitiralle asistir á Asemblea Xeral do día 8 de febreiro como membro de pleno dereito.

Esta integración do Concello de Narón no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular foi  unha proposta realizada pola Concelleira de Turismo de Narón, Maria Rodríguez Porto, e permitirá ó municipio participar nos programas que se desenvolven a nivel comarcal e a nivel xeral, en temas de interese para os concellos coma a tecnoloxía, o turismo ou o medioambiente.

Lea también

Náutico de Narón tras una gran actuación de sus nadadores se pone líder de la segunda división

El Náutico de Narón después de una gran actuación de sus nadadores se pone líder …