Arqueiros de 17 clubs compiten no XXI Trofeo Cidade de Narón de Tiro con Arco

A proba, organizada por Arco Narón, está dividida en 14 categorías, desde prebanxamíns ata absoluta, e desenvolverase durante todo o día.
 
 
O pavillón polideportivo da Gándara acolle este sábado 24 de outubro, o XXI Trofeo Cidade de Narón de Tiro con Arco, unha competición na que están inscritas 94 persoas repartidas en 14 categorías, desde prebanxamíns (menores de 8 anos) ata a categoría absoluta, que inclúe senior e veteranos.
 
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou o evento xunto ao vicepresidente do club Arco Narón, Anxo Grandal, e o tesoureiro, Víctor Matesanz. “Para Narón é un orgullo acoller de novo esta proba”, dixo Ferreiro. “Un ano máis, a Gándara énchese de deportistas de todas as idades, e iso fala tanto do club organizador como da afección que hai ao tiro con arco na nosa cidade”.
 
A xornada principiará ás 9.00 horas coa recepción de participantes, e a competición dará comezo arredor das 9.20 horas coas categorías inferiores, ata sub18, que recollerán os trofeos ao remate das probas, previsto para o mediodía. Ás 14.15 horas será a quenda dos adultos, coa previsión de rematar ao redor das 20.00 horas coa entrega dos respectivos trofeos.
 
Foto archivo Club Arco Narón
Segundo explicou Anxo Grandal, no club están moi satisfeitos coa participación deste ano, tendo en conta que o cambio no calendario das probas galegas obrigou a adiantar o trofeo.
 
En total competirán en Narón 17 clubs, 16 deles de Galicia e un de Asturias. Grandal referiuse tamén á maior presenza de mulleres nas categorías inferiores, nas que son maioría, e indicou que no club naronés a distribución por sexos está xa case no 50%.

Lea también

Narón volve recibir a Bandeira Verde de Galicia polas súas boas prácticas ambientais

No recoñecemento pesaron proxectos como a senda peonil e ciclista do río Freixeiro ou a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *