Últimos días en Narón para inscribirse nas Escolas Culturais Municipais do Padroado

O Padroado da Cultura de Narón manterá aberto ata o vindeiro 20 de setembro o o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais. Así o recordou a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, indicando que os trámites deben realizarse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 e de 17.00 a 19.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00.  O período lectivo para o curso 2025-2026 será dende o 1 de outubro ata o 31 de maio de 2026.

A través das Escolas Tradicionais pódese elixir entre clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Acordeón, Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, O Recuncho dos Pequechos (de 3 a 4 anos).

A maiores, nas Escolas Artísticas hai as opcións de Debuxo (a partir de 6 anos) e Teatro (a partir de 4 anos) e na Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum. Outra das modalidades das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura é Bailes de salón (a partir de 4 anos), que ofrece baile de salón, baile deportivo, caribeños e danza coreográfica.

Os importes a abonar por cada curso son os establecidos na ordenanza fiscal vixente do Padroado da Cultura.

 

Lea también

“As nosas tradicións” volve ás escolas infantís de Narón co outono como primeira parada

A iniciativa da concellaría de Política Lingüística achega a unhas cen familias información, curiosidades e …