Narón impulsa o uso do galego nas felicitacións de Nadal a través do SNL

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Narón pon en marcha un ano máis a campaña Felicita o Nadal en galego!, unha iniciativa dirixida a fomentar o emprego da lingua propia nas mensaxes que a veciñanza comparte con familiares e amizades durante estas datas.
 
Fuente Concello de Narón
 
Como en edicións anteriores, o SNL ofrece de maneira gratuíta varios modelos de postais de Nadal en galego, que calquera persoa pode descargar e utilizar libremente. As postais están dispoñibles na web do servizo, no apartado de dinamización lingüística, e poden enviarse a través de redes sociais, aplicacións móbiles, correo electrónico ou imprimirse para o seu envío postal tradicional.
 
Este ano incorpórase ademais un novo deseño, inspirado no muíño de Xuvia, un dos elementos patrimoniais máis recoñecibles do municipio de Narón, representado cunha estética propia do Nadal.
 
 
Para quen prefira elaborar as súas propias mensaxes, pero non teña a seguridade suficiente na escrita en galego, o SNL ofrece tamén un servizo gratuíto de revisión lingüística.
 
As persoas interesadas só teñen que remitir os seus textos ao enderezo electrónico a.pita@naron.gal, desde onde recibirán posteriormente a versión revisada. As postais poden descargarse en: www.naronengalego.gal.

Lea también

El TSXG sube a 77,33 euros por día la indemnización a los 76 trabajadores de Lidl Narón por vulnerar su derecho a huelga

La Sala de lo Social revoca parcialmente la sentencia de instancia, que fijó 50.000 euros …