Narón abre a inscrición no escape room “Escándalo na Biblioteca”

A Biblioteca municipal de Narón retomará este sábado 13 a programación infantil. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, que indicou que a primeira actividade será “Escándalo na Biblioteca”, un xogo de escape room pensado para menores a partir de 8 anos e que dará comezo ás 11:00 horas.

Os nenos convertiranse por unhas horas en detectives para resolver un estraño caso que sacudiu á Aula Marabilla do colexio Fantasía. O grupo foi á Biblioteca para asistir a un espectáculo do Mago X pero algo saíu mal, a luz marcha varias veces e de repente todo aparece revolto.

A través deste xogo buscaranse mentes brillantes e valentes para descubrir a identidade do ou da culpable. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo a partir deste martes 9 ás 16:00 horas na Biblioteca, de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173

Os menores deben ter os oito anos cumpridos e o carné da Biblioteca sen sancións pendentes. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa Ler conta moito.

Lea también

La Policía Nacional detiene a un individuo por el robo en el interior de una vivienda en Narón

Agentes adscritos a la Comisaría del Cuerpo Nacional de Policía de Ferrol-Narón han procedido en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *