Modificación en Narón do Plan Estratéxico de Subvencións que inclúe as axudas a deportistas de elite

A corporación local aprobou por unanimidade nunha sesión plenaria que se celebrou na mañá deste luns 8 con carácter extraordinario a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Narón.

No mesmo contémplase unha liña específica, entre outras, para o deporte, que inclúe subvencións para deportistas de elite, a asociacións que fomenten o deporte e da promoción do deporte. A contía total para tres anualidades e as nove liñas de actuación do PES supera os 3,2 millóns de euros.

Nesa mesma modificación do PES recóllese o incremento das contías subvencionadas a diferentes entidades, como Acción Familiar (AFA), a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps), a Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) e a Asociación BBTTA. A maiores, incorpóranse dúas novas liñas estratéxicas e de subvención, para a promoción do medio ambiente e voluntariado.

Na sesión plenaria saíu tamén adiante, cos votos de TEGA, PP e PSOE, a participación do Concello na segunda fase do POS+ adicional da Deputación da Coruña, no que se contempla destinar 273.440 euros á mellora da accesibilidade nas rúas da urbanización do Couto.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …