Venres 5 de setembro de 2025
Actividade: X Torneo internacional Cidade de Narón Lugar: Estadio municipal de Río Seco
Hora: 16:30 a 21:05
O Concello e a S.D.C.R Narón-O Freixo organizan este eento, no que participarán máis de sesenta equipos de diferentes clubs, entre eles dous representantes galegos en primeira e segunda dividión, o Real Club Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña.
Actividade: Cine na rúa Lugar: Praza de Galicia Hora: 21:30
O Concello organiza este ciclo, en colaboración coa administración provincial, con entrada de balde e que se desenvolverá durante catro días deste mes. A primeira proxección será a da película Ruby, aventuras de una kraken adolescente.
Sábado 6 de setembro de 2025
Actividade: X Torneo internacional Cidade de Narón Lugar: Estadio municipal de Río Seco Hora: 9:15 a 22:45
Actividade: Festa infantil Cidade de Narón Lugar: Parque de Freixeiro Hora: De 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
O Concello organiza a xa tradicional Festa infantil Cidade de Narón, na que as nenas e nenos poderán desfrutar de inchables secos e acuáticos, karts, camas elásticas, unha festa da escuma… A xornada contempla unha iniciativa solidaria, o Bocatín, impulsado dende a Asociación Sociocultural ASCM e na que se venderán bocadillos para recaudar fondos que se destinarán ao colectivo ao que atende a entidade.
Domingo 7 de setembro de 2025
Actividade: X Torneo internacional Cidade de Narón Lugar: Estadio municipal de Río Seco Hora: 9:30 a 20:35
Actividade: Candaina Lugar: Paseo marítimo de Xuvia Hora: 10:30
O Concello, a Asociación Cometa e o Club Deportivo 21 Leguas organizan unha nova edición da Candaina, que inclúe unha modalidade de carreira e unha andaina cun paseo duns sete quilómetros por Xuvia e a zona do Couto. Haberá tamén unha exhibición a cargo de Casaga, con cans de rescate e unha sesión vermú a partir das 13:30.