Prazo para solicitar en Narón os vales agasallo de Nadal dirixidos a menores de familias vulnerables

A partir do luns 1 de setembro, permanecerá aberto no Concello de Narón, durante quince hábiles (contados dende esa data) o prazo para solicitar as axudas convocadas para a adquisición de agasallos de Nadal destinadas ás familias máis vulnerables da cidade, contribuíndo así ao fomento da igualdade dos nenos pertencentes a familias máis vulnerables.
 
 
Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, trala publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia do venres 29.
 
Poderán solicitar as axudas todas as familias empadroadas en Narón con fillos menores que a 31 de decembro de 2025 teñan entre 0 e 16 anos. As solicitudes poderanse presentar xunto coa documentación correspondente no Rexistro xeral do Concello, na Sede electrónica do Concello de Narón ou en calquera outro medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.
 
A edil naronesa explicou que a contía a conceder será de 60 euros por menor e o pago da mesma realizarase a través dun vale que se poderá presentar nos establecementos comerciais da cidade que acepten este medio de pago para poder adquirir os artigos solicitados polo importe máximo que figure no citado vale.
 
As bases reguladoras do procedemento poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia de hoxe venres.

Lea también

O Concello de Narón saca a concurso 6 novas licencias de taxi

O Concello de Narón saca a concurso 6 novas licencias de taxi das que tres …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *