Cinco días percorrendo Galicia a ritmo de jazz

Do venres 15 ao martes 19 de agosto diferentes enclaves naturais e patrimoniais de Narón, Neda, Cedeira e Valdoviño gozarán de concertos de bandas galegas e estatais que exploran con valentía todos os recunchos do xénero para deixar claro que o jazz é, sobre todo, unha música libre.

Fuente Festival JAZZ DE RÍA-Sumrrá

Na súa novena edición, o festival consolida un estilo de programación no que se funden paisaxe con descubertas musicais e no que o obxectivo continúa a ser levar a música jazz a todo tipo de públicos co territorio como gran cabeza de cartel.

O sábado o programa desenvólvese integramente en Narón comezando pola mañá coa visita musicada que unirá jazz e patrimonio industrial no Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia, o vermú de Swing On con aulas abertas de lindy hop na Praza do Concello de Xuvia e unha tarde no Parque Freixeiro cos obradoiros de reciclaxe musical da Escola da Vaca, o podcast colaborativo de Pepe Cunha Abrete de Orellas e os concertos da trompetista catalá Alba Armegou, o quinteto de jazz liderado por Diego Alonso presentando o proxecto Nihil e o concerto co que Sumrrá conmemora o seu 25 aniversario acompañado de grandes amigos musicais.

Fuente Festival JAZZ DE RÍA

O domingo a festa continúa en Neda cun paseo sonoro para rescatar a memoria musical da comarca percorrendo o barrio de San Nicolás da man do xornalista e crítico musical, Fernando Fernández Rego, xusto antes de escoitar as inclasificables e excitantes melodías de Trilitrate na Ribeira.

O luns viaxamos ata Cedeira para deixarnos emocionar pola forza vocal do Coro da Ra no Parque dos Patos e asistir despois no Parque de San Isidro a un dos primeiros concertos do novo traballo de Xan CamposAmorodios, onde presenta por primeira vez temas cantados para os que conta coa voz de Faia Díaz. O martes un sorprendente roteiro polos Balcóns do Atlántico da man de Xurxo Souto e os ritmos cálidos de Copos de Avea ao solpor na praia do Baleo porán fin a esta gran festa de jazz, beleza e liberdade. Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre.
 
O Jazz de Ría está organizado por Luneda Producións e promovido polo Padroado da Cultura do Concello de Narón, o Concello de Neda, o Concello de Cedeira e o Concello de Valdoviño, coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural, e AIE (Artistas en Ruta).


 

Lea también

Café Quijano actúa en el Auditorio de Ferrol el 17 de abril

El Gobierno local de Ferrol ha aprobado el expediente de contratación del concierto del grupo …