A Deputación da Coruña simplifica a concesión de subvencións e aumenta a transparencia

O pleno aprobou a nova ordenanza xeral de axudas, que proporciona unha maior seguridade xurídica aos beneficiarios e beneficiarias.

O pleno da Deputación aprobou esta semana a nova Ordenanza Xeral de Subvencións e Transferencias da institución provincial, que a partir da súa entrada en vigor coa publicación no BOP regulará a concesión de axudas.

Este paso supón simplificar a normativa existente ata agora, que constaba de dúas disposicións principais, a Ordenanza Xeral de Subvencións e as Bases xerais reguladoras dos programas de subvencións.

A nova norma ten tamén como obxecntivos reforzar a transparencia e garantir unha xestión máis eficiente e coordinada das subvencións, mellorando a claridade, a coherencia e a seguridade xurídica na aplicación da normativa, tanto para a cidadanía e entidades beneficiarias como para a propia Administración. Así, con este paso, establécese un marco máis claro, estable e suficiente que minimizará as diferentes interpretacións da normativa.

Lea también

Adif pone en servicio puntos de recarga de vehículos eléctricos en Ferrol, Monforte y O Porriño

Adif y Adif AV han puesto en servicio la primera fase del despliegue de puntos …