Se ultiman actividades previas ó Ares Indiano

 

 
Dentro das actividades previas á celebración do Ares Indiano, se anuncian un par delas de interese…
 
Indianos na procura dun nome!
«Chegaron de alén mar, fixeron a súa parada en Ares no verán de 2024… e dende entón quedaron a vivir no municipio. O indiano e a indiana feitos pola veciña Conchi Escudero volverán estar connosco, mais desta volta necesitan algo de nós: un nome».
 
Como inicio das actividades inscritas no VIII Ares Indiano, a concellaría de Cultura promove un concurso que convida á rapazada de ata 12 anos a propoñer os nomes que mellor lles poidan sentar a estes dous indianos. 
 
Dende este luns 11 e ata o 14 de agosto, se anima a acudir a Biblioteca Municipal de Ares para deixar ao seu equipo técnico dinamizador a proposta de nome. Se finalmente é a escollida, haberá un agasallo como premio «e por fin teremos a estes veciños cun novo trazo identitario que lles faga xustiza».
 
 
O Concello propón decorar os negocios de Ares con follas de palmeiras
 
Como xa aconteceu o ano pasado, a concellaría de Cultura convida aos comercios e hostalería da vila a decorar os seus locais con follas de palmeira para transportar a veciñanza e visitantes cara os territorios de alén mar durante o VIII Ares Indiano do 22, 23 e 24 de agosto.
 
Co obxecto de facilitar a decoración, o Concello entregará as follas de palmeira aos locais que o soliciten previamente ata o 18 de agosto, inclusive, data límite onde se pechará a recepción de peticións.
 
Os negocios que desexen contar coas súas follas de palmeira deberán poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Ares no 981 448 057, o correo electrónico  aresindiano@concellodeares.com ou directamente con Alma Barrón, concelleira de Cultura, para formalizar a súa solicitude.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …