O alcalde das Pontes visita as obras de mellora da rúa Real e A Balsa cun investimento de 219.288€

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, realizou unha visita ás obras de mellora que se están a executar na rúa Real (fase 1) e na rúa A Balsa (fase 2), na zona da Vila e a súa contorna.

Estes traballos, adxudicados á empresa local Ambientun por un importe de 219.288 euros con cargo á Deputación da Coruña, forman parte do compromiso do executivo local coa conservación do patrimonio histórico e a mellora dos espazos públicos.

Durante a visita, González Formoso destacou que “estas actuacións permitirán acometer unha reforma integral da zona, mantendo a identidade tradicional das rúas e apostando pola recuperación do conxunto histórico pontés, mellorando ao mesmo tempo a calidade de vida da veciñanza”.

Na rúa Real estase a executar a renovación completa do pavimento e dos servizos existentes. Retírase o pavimento actual e colócase unha nova base con leito de area e morteiro de cemento e area. A nova lousa manterá os niveis actuais e unha disposición semellante á actual, cunha vagada central. Ademais, están a adaptarse os sumidoiros de pluviais, realizando tarefas de limpeza e rexuntado nas zonas lastradas. A actuación complétase coa instalación de novas liñas de iluminación soterradas e balizas que reforzarán a iluminación existente.

Pola súa banda, na rúa A Balsa, os traballos céntranse na mellora da accesibilidade e dos servizos públicos, incluíndo unha nova pavimentación con formigón armado impreso e coloreado, a ampliación das beirarrúas en 30 centímetros, novas canalizacións para o alumeado, a instalación de báculos e luminarias, así como a renovación das redes de saneamento. Tamén se substituirá a varanda da ponte sobre o río Chamoselo por unha nova estrutura de aceiro galvanizado e pintado.

O rexedor sinalou que “estes traballos seguen os mesmos criterios estruturais e estéticos aplicados noutras actuacións recentes como o calexón do Trigo, a Rúa Perfolla, ou as rúas San Xoán e da Igrexa”.

Ademais, lembrou que o Concello continúa coa súa aposta pola rehabilitación do patrimonio, co proceso de licitación en marcha para a recuperación do inmoble situado no número 3 da rúa da Igrexa.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …