A alcaldesa de Narón recibe a Candela Montero, Lucía Saura e Sofía Couce polos éxitos deportivos acadados no tenis de mesa

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron no Consistorio a Candela Montero, Lucía Saura e Sofía Couce, as dúas primeiras proclamadas recentemente campionas de España de dobres cadete e de equipos cadete e Sofía Couce medalla de bronce do campionato de Europa por equipos e campiona da Copa da Raíña.

No acto estivo tamén presente o presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, así como por familiares das  deportistas. Candela Montero é campiona de España dobles cadete e equipos cadete, subcampiona de España individual cadete, campiona do torneo estatal cadete e subcampiona do top nacional cadete.

Lucía Saura é actualmente campiona de España de dobres e de equipos cadete, bronce nacional individual cadete, subcampiona do torneo estatal cadete e de equipos no campionato de España escolar cadete E Sofía Couce obtivo a medalla de bronce do campionato de Europa por equipos e tamén se alzou co primeiro posto na Copa da Raíña e quedou subcampiona de España xuvenil, e ten a medalla de bronce no campionato de España de dobres xuvenil e do torneo estatal xuvenil.

As tres contaron a súa experiencia nos campionatos e tamén recordaron os seus inicios e a súa traxectoria deportiva no Tenis de Mesa Narón. O presidente do club Tenis de Mesa Narón agradeceu o apoio do Concello “fundamental para acadar os éxitos conseguidos ata o de agora”.

Por parte do Concello, a alcaldesa e o edil de Deportes felicitáronas pola súa excelente traxectoria, polos éxitos máis recentes, os acadados anteriormente e os que virán no futuro. Ferreiro destacou o labor do Tenis de Mesa Narón, que reúne a persoas de moi diferentes idades na práctica deste deporte e que é todo un referente neste ámbito na cidade.

Lea también

El Racing de Ferrol araña un punto ante el Bilbao Athletic tras jugar 80′ en superioridad

«El filial bilbaino logró un valioso empate ante el Racing de Ferrol, jugando con uno …