Posta en marcha de programas de conciliación e corresponsabilidade e de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou ós nenos dunha das iniciativas financiadas, a de conciliación. Con este programa a asociación ferrolá leva atendidos desde o inicio do mesmo preto de 160 menores de entre 4 e 15 anos a través deste programa que facilita a conciliación e a corresponsabilidade.

Fuente-Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Promoción de Igualdade, María Quintiana, visitaron ós nenos do programa Camiño cara a corresponsabilidade, unha iniciativa posta en marcha polo Patronato Concepción Arenal e financiada con cargo á liña de axudas do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade – cofinanciado co Ministerio de Igualdade do Goberno de España- para facilitar a conciliación e promover a corresponsabilidade con iniciativas desenvolvidas desde as entidades de iniciativa social.

Este é un dos programas das 13 entidades galegas, entre as que tamén se atopa a Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo de Ferrol, que este ano se beneficiaron desta liña de axudas dotada con 300.000 euros de orzamento.

Neste sentido, esta iniciativa que se desenvolve durante todo o ano e que conta cunha achega autonómica de 40.000 euros, propón un servizo de coidador para as familias usuarias da entidade a través da realización de diferentes actividades de carácter lúdico. A través deste programa, o Patronato Concepción Arenal leva atendidos desde o inicio do mesmo preto de 160 menores de entre 4 e 15 anos.

Co Plan Corresponsables o Goberno galego apoia o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliacion das familias con menores ao cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

Ademais, a Xunta ten outra liña de apoio ás entidades sociais sen ánimo de lucro dotada de 1,9 millóns de euros para o desenvolvemento de proxectos para a atención de mulleres en situación de vulnerabilidade, cofinanciada parcialmente por la Unión Europea en el marco del programa FSE+ Galicia 2021-2027. No caso do Patronato Concepción Arenal, conta cun apoio tamén de 40.000 euros para desenvoler o programa de mediación intercultural de mulleres.

Martina Aneiros destacou o importante labor que desenvolven as entidades de carácter social como o Patronato Concepción Arenal no ámbito da igualdade de xénero, “un traballo que a Xunta apoia a través de dúas convocatorias que suman 2,2 millóns de euros”. Esta aportacións, segundo indicou Aneiros, permiten ás entidades “desenvolver programas de atención especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, así como iniciativas que facilitan a conciliación e a corresponsabilidade das familias con menores ao cargo de ata 16, como é o caso do programa que leva a cabo o Patronato Concepción Arenal”.

María Quintiana alabou o traballo da entidade Patronato Concepción Arenal, un exemplo da ampla rede de asociacións galegas con traxectoria e comprometidas con seguir dando pasos adiante en materia de igualdade. Nese sentido, lembrou que é imprescindible o compromiso de todas as administracións, por iso volveu lamentar o recorte de preto de 50 millóns de euros do Goberno centro ao Plan Corresponsables, que supón que Galicia recibirá xa este ano 2,3 millóns menos do Ministerio de Igualdade.

Lea también

Empiezan las obras de 24 nuevas viviendas públicas en O Bertón

Las obras en O Bertón se multiplican. La semana pasada empezaron las obras de construcción …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *