Pontedeume impulsa obras de mellora en Boebre, Centroña e Nogueirosa

O Concello de Pontedeume licita cun investimento de 320.000 euros as obras de construción do aparcadoiro ao carón do cemiterio de Boebre, a pavimentación e renovación da rede de saneamento no camiño de Veliño na parroquia de Centroña e a segunda fase de pavimentación do camiño do Covés, en Nogueirosa.

«O investimento total das tres actuacións será de aproximadamente 320.000 euros, unha contía que foi actualizada para reflectir o incremento dos custos dos materiais de construción», explicou o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández. Este importe será financiado con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

O concelleiro de urbanismo e infraestructuras, Daniel Ríos, destaca que estas actuacións responden “directamente ás demandas veciñais, e enmárcanse no compromiso do Concello de renovar de maneira continua os servizos básicos e mellorar a rede viaria e de saneamento nas distintas parroquias”.

Lea también

Neda abre o prazo para inscribirse no festival de comparsas, arranque do Entroido 2026

En marcha os preparativos do Entroido de Neda. O Concello vén de publicar as bases …