Marián Ferreiro recibe no Concello de Narón a formacións que actúan no XXXIV Festival Internacional de Folclore

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu no Concello o acto de recepción de formacións que actuan na noite deste sábado 19 no Pazo da Cultura no marco do XXXIV Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura.

Os edís Eugenio Carballeira e Jorge Ulla acudiron á convocatoria, na que estiveron presentes representante de Coros y Danzas Castiella, de Valladolid; do Grupo Folklórico Kapusankan, de Eslovaquia e do Conjunto de Proyecciones Folklóricas Dora Pérez de Zárate, de Panamá, acompañados por integrantes do Grupo de Baile e Música Tradicional Alxibeira, que xunto coa Banda de Gaitas actuarán de anfitrións.

Non puideron participar na convocatoria, ao estar aínda de viaxe, os integrantes da Academia é Jazzy Dance Studios, de Angola. A rexedora local foi a encargada de darlles a benvida aos asistentes e conversar con eles para coñecer de primeira man parte da historia das agrupacións. Así mesmo, agradeceulles a súa asistencia ao Festival Internacional de Folclore de Narón e tamén destacou o labor que, co fin de convocalo ano tras ano, se realiza dende Alxibeira e o Padroado da Cultura de Narón.

Unha vez que tomaron a palabra as agrupacións, todas elas seguraron estar “encantadas” de poder participar nesta convocatoria e de poder estar en Narón. Nalgúns casos, como Eslovaquia, despois de tres días de viaxe en autobús -con paradas en Italia e Francia- ou, no caso do grupo panameño, de máis de trinta horas de voos e esperas nos aeroportos.

Marián Ferreiro entregoulles uns agasallos institucionais -un libro con imaxes de Narón e unhas figuras de artesanía de Galicia- e os convidados corresponderon con outros regalos propios dos seus países. Finalmente, realizaron unha imaxe de grupo no salón de plenos do Concello para inmortalizar a súa visita ao Consistorio.

Lea también

Acordo unánime en Narón para implantar melloras no proxecto de conexión río Inxerto-avda de Santa Icía

O Concello de Narón acolleu unha sesión extraordinaria dun pleno cun único punto na orde …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *