Cruce de declacións entre o BNG de Narón e o grupo de goberno respecto as obras da cementeira que teñen cortada unha vía pública

Fuente BNG de Narón

Aínda que hoxe en día a cementeira de Castro, en el municipio de Narón, non está ao 100% de funcionamento, o BNG considera que de darse, «o seu uso afectaría á saúde de Narón e concellos da contorna ademais de toda a contaminación derivada que produciría».

Por todo isto, e co novo PXOM aínda sen ser definitivo, o BNG presentou unha alegación hai un ano pedindo que non se consolidase terreos ao redor e non denominasen solo industrial a zonas que son rurais (e onde os veciños quéixanse de que lles comezan a cobrar máis polo IBI de solos que ninguén vai facer uso urbano ao estar ao carón da propia industria).

Ademais do BNG, veciños e veciñas a título individual e a propia asociación veciñal de Castro alegaron na redacción do novo PXOM polo mesmo. Según informa a BNG, «ningunha das alegacións foi respondida mais si se iniciaron obras de consolidación e cortado un vial público desde hai meses que hoxe continúan». 

Fuente BNG de Narón

“Preocúpanos que non haxa información e que non se avise do que se pretende. Hoxe hai unha sentenza que declara ilegal a cementeira e tamén a súa construción nun solo que, cando se fixo nin sequera pertencía a un polígono”, declara Olaia Ledo, voceira municipal do BNG e insiste “isto non só afecta a Castro, afecta a todo Narón e ademais de que non podemos permitir a sensación de impunidade para uns poucos e máis cando a saúde das veciñas e veciños está en xogo”.

Pola súa parte o grupo e goberno do Concello de Narón respecto estas manifestacións do BNG sobre o corte desta vía pública en Castro contesta nunha nota os medios de comunicación,  incidindo en que, «os traballos que se están executando na actualidade axústanse á modificación puntual do Plan de sectorización e aos proxectos de equidistribución e urbanización da zona, aprobados e firmes»,  ademáis  a actuación está encarando a súa fase final» e o Concello «ten que acometer unha obra de urbanización na zona, que se levará a cabo tras realizar as expropiacións necesarias e se doten orzamentariamente

En canto ás alegacións presentadas ao PXOM aclaran «que están xa valoradas polo persoal técnico e as respostas están a expensas de que se reciban no Concello todos os informes sectoriais do PXOM, xa que estes documentos poderían influír nalgunhas desas contestacións».

 

Lea también

Acordo unánime en Narón para implantar melloras no proxecto de conexión río Inxerto-avda de Santa Icía

O Concello de Narón acolleu unha sesión extraordinaria dun pleno cun único punto na orde …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *