X Slálom Concello de Moeche

Esta semana tivo lugar no Concello de Moeche a presentación oficial do X  Slálom  Concello de Moeche cuarta proba puntuable para o Campionato Galego de Slálom 2025. 

foto arquivo Slalon Concello de Moeche

O evento, que se celebra este sábado 19 de xullo, chega á súa décima edición con algunhas  novidades, entre as que destaca unha pequena modificación no trazado. Esta variación manterá a esencia  do percorrido tradicional, conservando tamén a espectacular grada natural situada ao carón do  concello, desde a que o público poderá seguir o paso dos vehículos con total seguridade. Por outra  banda, salientar que o número de participantes será numeroso, pois ascende a un total de 72 vehículos  inscritos

As mangas de adestramentos desenvolveranse durante a mañá, mentres que as mangas oficiais  celebraranse pola tarde e serán as encargadas de decidir as e os gañadores nas diferentes categorías. 

Nesta edición, ademáis da clasificación xeral e das diferentes agrupacións, entregaranse trofeos especiais para: 1º, 2º e 3º Feminino; 1º, 2º e 3º Históricos; 1º, 2º e 3º Veteranos; 1º, 2º e 3º Escudería Moeche; 1º, 2º e 3º BMW; 1º, 2º e 3º Copa Debutantes.

Na presentación oficial estiveron presentes Beatriz Bascoy Maceiras, alcaldesa de Moeche; Moisés  García Fernández, presidente da Escudería Moeche; así como David Saavedra, Juan José SueirasModesto López e Sergio Fernández, membros da directiva da Escudería Moeche. 

A organización anima todos os afeccionados ao motor a achegarse a Moeche este sábado 19 para gozar dunha intensa e emocionante xornada de competición automobilística. 

Lea también

El Baxi Ferrol quiere seguir con su pleno de victorias en la Eurocup este miércoles ante SL Benfica

Penúltimo capítulo del octubre intenso para el Baxi Ferrol, recibiendo este miércoles al SL Benfica, …