A Deputación da Coruña apoia con 800.000€ ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras

Concede un total de 45 axudas coas que se financiarán contratacións, melloras nos servizos, obras de acondicionamento de locais e festas gastronómicas de exaltación de produtos locais do mar.

A Festa do Percebe do Roncudo de Corme, a Festa da Centola de Lorbé ou a Festa do Marisco de Barallobre (Fene) contan con axudas da Deputación para promocionar produtos de calidade.

A Deputación da Coruña destina este ano preto de 800.000 euros para apoiar o traballo das confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia, dentro da súa aposta polo impulso ao sector pesqueiro artesanal, clave para a economía do litoral galego.

Fuente Diputación de A Coruña FOTO (ARQUIVO): Visita do presidente da Deputación e a deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, á confraría de Ferrol

Por unha banda, a liña de subvencións destinada a actividades de funcionamento e promoción de produtos do mar reparte 647.200,60 euros en 36 axudas. Estas subvencións permiten, entre outras actuacións, financiar persoal administrativo e de vixilancia, mellorar a comercialización dos produtos do mar, manter postos de traballo, e promover o relevo xeracional nas confrarías. Ademais, inclúen tamén o apoio a festas gastronómicas de exaltación dos produtos locais, como a Festa do Percebe do Roncudo de Corme, a Festa da Centola de Lorbé, a Festa do Marisco de Barallobre (Fene), ou as xornadas de degustación da navalla e longueirón en Laxe e os produtos da Reserva Mariña de Lira – Os Miñarzos en Lira, Carnota.

A segunda liña orientada a investimentos, achega este ano 149.995,40 euros a nove confrarías (Carreira e Aguiño, Cedeira, A Coruña, Laxe, Malpica, Lira, Noia, Ribeira e Barallobre) para melloras nás infraestruturas e equipamentos. Entre as actuacións financiadas atópanse obras de rehabilitación e acondicionamento de locais, adquisición de vehículos para vixiancia e transporte, instalación de equipos informáticos ou medidas para a eficiencia enerxética e a transformación dixital dos pósitos.

Fuente Diputación de A Coruña FOTO (ARQUIVO): Visita do presidente da Deputación e a deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, á confraría de Ferrol

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que estas axudas son fundamentais para garantir a viabilidade, a modernización e a profesionalización dun sector estratéxico para Galicia, que ademais de riqueza económica xera cohesión social, emprego local e mantén viva a nosa cultura mariñeira.

“As confrarías xogan un papel fundamental nos municipios costeiros e merecen o apoio decidido das administracións públicas. Desde a Deputación da Coruña queremos estar ao seu carón, colaborando para que o mar siga sendo futuro”, engadiu Formoso.

Nos últimos anos, a Deputación da Coruña incrementou progresivamente as axudas ás confrarías de pescadores da provincia, que pasaron de 500.000 € a preto de 800.000 euros anuais e incluíron novas liñas demandadas polo sector como o apoio ás festas gastronómicas de produtos locais do mar.

Estas convocatorias insírense dentro das políticas da Deputación de apoio ao tecido produtivo local, con especial atención ás pequenas confrarías e ás actividades que revalorizan os produtos pesqueiros e marisqueiros da provincia.

Listaxe completa de axudas concedidas para actividades:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/06/11/2025_0000003839.html

Listaxe completa de axudas concedidas para investimentos:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/07/07/2025_0000004425.html

Lea también

Cristóbal Parralo es cesado como entrenador del Nástic de Tarragona por la mala racha del equipo

Cristóbal Parralo  ha dejado de ser el entrenador del Nàstic de Tarragona. Así lo ha …