Principia a actividade lúdico-formativa do Campus de Verán do Celta en Ares

O Prados Vellos acolleu a súa primeira sesión co equipo de  monitores do club olívico e a rapazada inscrita nesta tradicional iniciativa  futbolística.  

Fuente Concello de Ares

Por diante encaran unha semana de adestramentos baixo as  metodoloxías do Celta en horario matutino, centrándose non só na  mellora técnica, senón na promoción de valores como o compañeirismo.

Comenzou  unha nova edición do  Campus de Verán do Celta no municipio aresán, un evento deportivo que se  promoverá ata o 18 de xullo nas instalacións municipais do campo de  fútbol de Prados Vellos para que a rapazada poida mellorar na súa práctica  deportiva.  

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

A iniciativa, que enfatiza ano tras ano as boas relacións entre o Concello, o  club olívico, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol e o Numancia de  Ares, conta cun longo percorrido na oferta de verán da vila, actuando como  unha oportunidade para entrar en contacto coas metodoloxías do Celta. 

Así, nos próximos días haberá tempo e espazo para mellorar as habilidades  técnicas e tácticas, amais de desenvolver valores chave no fútbol  contemporáneo, como é o caso do respecto ao compañeiro e o traballo en  equipo. Aplicarase un enfoque lúdico-formativo que garanta que a rapazada  poida divertirse a través do deporte ao compás da súa mellora como xogador.  

Fuente Concello de Ares

Serán cinco xornadas para rapaces de 4 a 16 anos, incluíndo na  súa organización a roupa de entrenamento, as merendas, a cerimonia de  clausura con entrega de premios, sorteo de regalos e a posibilidade de  recibir o denominado como Premio AFOUTEZA: un entrenamento coa  canteira do Real Club Celta.

Lea también

Aroa Jiménez, del Natación Ferrol, logra la plata y el bronce en el Campeonato de España alevín

El Natación Ferrol ha logrado en este fin de semana buenos resultados en el Campeonato …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *