Centro BTT Valle de Esmelle propón desfrutar da contorna máis inmediata a Equiocio Ferrol sobre rodas

Equiocio Ferrol e o Centro BTT Valle de Esmelle volven unir forzas neste 2025 na súa aposta pola promoción de hábitos de vida saudables a través do exercicio físico, e reeditarán a Ruta BTT ao Solpor polas parroquias de Covas e Esmelle. A iniciativa é todo un clásico da programación do certame ecuestre, que regresará ao Campo das Cabazas do 31 de xullo ao 3 de agosto, e constitúe unha das actividades máis agardadas por nenos e maiores.

O percorrido, pensado para desfrutar en familia, será de 15 quilómetros, accesible para públicos de todas as idades. Celebrarase o venres 1 de agosto, sobre as 20:00 horas, con saída do propio Campo das Cabazas, e contará de novo cos monitores do club local para guiar a ruta, coa que as persoas participantes poderán desfrutar da contorna natural máis cercana.

É gratuíta, pero con inscrición previa a través do formulario online habilitado pola organización: https://forms.gle/4TimoWotmdRk4tkw7 , dispoñible no portal web do club e de Equiocio Ferrol.

Xincana BTT

Así mesmo, o Centro BTT Valle de Esmelle estará ao fronte doutra das actividades habituais de Equiocio Ferrol: a xincana para nenos de ata 12 anos. Neste caso, terá lugar o xoves 31 de xullo, sobre as 18 horas. Sen inscrición previa, tan só é preciso presentarse na data e horario sinalado para poder participar nun itinerario con obstáculos onde os cativos poderán poñer a proba a súa  habilidade sobre dúas rodas. Non ten carácter competitivo, e todos os nenos e nenas que tomen parterecibirán un pequeno obsequio por parte da organización.

Equiocio Ferrol conta este ano co apoio do Concello de Ferrol, da Xunta de Galicia, e empresas de referencia como Gadis e Estrella Galicia.

Lea también

Gómez Besteiro defiende en Ferrol las inversiones de los gobiernos socialistas en la comarca

El secretario xeral del PSdeG PSOE José Ramón Gómez Besteiro visitaba en la mañana de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *