Aberta en Narón a presentación de ofertas para a xestión da cafetería da Casa do Concello

O Concello de Narón mantén aberto ata o vindeiro 22 de xullo –ás 14:00 horas- o prazo de presentación de ofertas ao contrato de concesión do servizo de xestión da cafetería da Casa do Concello.

O prazo de execución do contrato comezará ao día seguinte da sinatura do mesmo, tal e como se especifica na licitación. O periodo da concesiónestablécese en catro anos, debendo o adxudicatario da mesma aboar un canon de explotación ao Concello de 1000 € anuais.

O procedemento ao completo pode consultarse a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Lea también

A alcaldesa Ferreiro recibe no Concello de Narón aos tres novos axentes da Policía Local

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron …