Forma parte do programa “En Ruta con Equiocio Ferrol”, e terá lugar o sábado 19 de xullo ás 11:00 horas, con participación gratuíta.
Equiocio Ferrol ha avanzado la apertura de inscricións na Volta ao Cabo, o terceiro e último percorrido do programa de sendeirismo “En Ruta con Equiocio Ferrol”. Celebrarase o sábado 19 de xullo, con saída ás 11:00 horas do antigo Bar Horizonte. O itinerario, circular e duns 10 quilómetros, ten dificultade media, e permitirá ás persoas participantes descubrir a beleza paisaxística e os restos das antigas baterías militares que formaban parte da defensa da Base naval de Ferrol.
O presidente da Sociedade Cultural Columba, José Manuel López Hermida, volverá exercer de guía, colaborando unha vez máis desinteresadamente no proxecto, que aúna promoción do territorio e prácticas saudables a través do exercicio físico. A participación é gratuíta, con reserva de praza enviando un correo electrónico a equiociocomunicacion@gmail.com, sinalando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.
Así mesmo, e en virtude dun acordo de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, a ruta contará cunha intérprete de lingua de signos favorecendo así a inclusión.
O programa de sendeirismo forma parte del calendario de accións que anticipan o certame hípico e de lecer familiar. Unha oferta de lecer que conta este ano co apoio do Concello de Ferrol, da Xunta de Galicia, e empresas de referencia como Gadis e Estrella Galicia. Colaboran ademais neste programa Turismo de Galicia e a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol.