Cultura da Deputación presenta os gañadores do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social

O Pazo Provincial da Deputación da Coruña acolleu un encontro coas 20 empresas gañadoras do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social.

Trala presentación inicial da deputada de cultura, Natividade González, e a explicación técnica da xefa de sección de cultura e deportes, Manuela Lorenzo, as persoas representantes de cada proxecto explicaron en que consistía a súa proposta.

Este certame reparte un total de de 298.433 euros entre os 20 proxectos premiados, en achegas de entre 7.500 e 22.500 euros. O obxectivo é apoiar os iniciativas culturais que desenvolven propostas en lingua galega de interese para campos de acción social como os seguintes: igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto ambiental, aumento de estíma colectiva e cohesión social, integración social, sensibilización patrimonial e identidade local, memoria democrática etc.

A deputada, Natividade González, sinalou que, dende o departamento de cultura, “cremos firmemente no valor da cultura como motor de cohesión social, de identidade, innovación e de transformación da sociedade. Desa convicción nade este certame, destinado a apoiar propostas diversas de colectivos moi comprometidos co territorio”. González engadiu que “veremos formatos moi diferentes con linguaxes moi diversas, pero todos estes proxectos achegarán a cultura a todos os recunchos da provincia e promoverán un impacto positivo na comunidade, promovendo a inclusión, a igualdade, a sostibilidade e o acceso á cultura desde enfoques creativos e comprometidos co territorio”.

As persoas representantes dos proxectos premiados explicaron as súas propostas e agradeceron o apoio da Deputación da Coruña, afirmando que “de non ser por este certame, moitos destes proxectos non verían a luz xa que non teñen unha orientación lucrativa”.

Proxectos premiados

Laura Romero presenta o proxecto “Cores e rock para un ecoloxismo molón” con Pakolas, que xunta música e ilustración nun espectáculo para un público infantil, destinado concretamente a colexios pequenos e Unitarias.

Maria Victoria Teijeiro Alvarez. “ComunitArte: Comunicación, Comunidade e Arte” que pon o foco na inclusión a través de representacións nas rúas con e sen diversidade funcional.

Juan Pablo Rodriguez Santiago. “Antes aquí había un muíño” pretende recuperar a memoria do muiño da Gramela, na Agra do Orzán a través de intervencións artísticas, obradoiros, accións poéticas ou unha exposición fotográfica no barrio para traballar os vínculos da comunidade.

Zinthia Del Valle Alvarez Palomino. “A Coruña entre memorias. Historia, colonialismo e identidade.” A través de actividades de investigación e divulgación analiza a pegada colonial na Coruña, urbanización, no patromonio, e identidade local, e recoñecer o papel esencial de grupos de persoas inferiorizados e visibilizar experiencias e memorias.

Aantena.  “Eco de sol”. Proxecto interdisciplinar de teatro, memoria e participación cidadá para reflexionar sobre identidade e territorio.

Rebordelos.“Regatos polo aire”. Curta documental que captura o saber, as ferramentas e o proceso de elaboración das sellas, así como a relación da cultura galega coa auga e o proceso cultural que se está perdendo. Tamén inclúe concertos en fontes da Coruña.

Azul Mais Verde. “Tempos para compartir: Espeteiras comunais na area”. Recuperar o imaxinario e crear conciencia medioambiental promovendo a inclusión social a través das espeteiras, un moble tradicional, que se instalarán en diferentes praias de concellos da Costa da Morte.

Elefante Elegante. Proxecto de mediación integral que fomenta a xeración de públicos e a activación do pensamento crítico arredor da temática de alta costura, espectáculo que reflexona sobre a industria textil e as súas consecuencias socio – ambientais.   

Nos Television. “O Vagón, videopodcast televisivo da cultura galega”. Unha viaxe en tren conducida polo xornalista Luís Pardo e a influencer @todomalva   

Artyc Content. “Becho”. Curtametraxe de animación baseada nunha historia real que aborda a ansiedade social dunha persoa non binaria, que habita nun novo contexto poñendo o foco nos seus sentimentos. 

Work On Sunday. “Amplificando a memoria”. Investigación patrimonial da familia Portela Seijo a través dunha instalación sonora; sesións de escoitas comisariadas por artistas e colectivos locais e internacionais, e un panel didáctico.

Despunte. “Martinete: maquetas accesibles do patrimonio industrial coruñés”. A actuación principal é a realización dunha maqueta interactiva e accesible dun martelo de foxo hidráulico para divulgar o patrimonio industrial galego de forma accesible.

Iago Gordillo Trigo. “Xogo galego”. Un proxecto destinado a localizar videoxogos en galego, creando un catálogo de videoxogos en galego, dinamizándoo e cunha campaña de difusión do mesmo.

Tarabela Creativa. “Cruzar sen mirar”. Un videopodcast que ten como elemento principal un espello, e que fala sobre a inmigración da man de diferentes ONGs e entidades para facer un proceso previo de investigación.

Laboratorio Escenico. “Miña casiña, meu lar” é un proxecto teatral de identidade galega para defender os barrios – concretamente, Montealto – e o dereito á vivenda, que aborda a cuestion de clase, patrimonio e cohesión.

Charlatana. “Herdeiras dun mar de madeira”. Proxecto documental que nace da inquedanza sobre unha historia familiar vinculada á carpintería de Ribeira.

Xosé Antón Moure. Documental sobre a vida de Alexandre Finisterre: inventor, loitador pola liberdade, antifascista e creador comprometido coa cultura.

Serea Producións. “Antes de que o leve o vento”. Historia audiovisual sobre unhas pequenas sementes e a súa trazabilidade para poñer o foco no que comemos para atopar e dar a coñecer as sementes autóctonas galegas.

Ciencia Galega Industrias Creativas. “Ciencia é Nome de Muller”. Documental e unidade didáctica sobre as científicas coruñesas da actualidade e os seus referentes. 

Aqueladas. “Marzo 68”. Documental interactivo enfocado á rapazada sobre o peche de estudantes na USC en marzo do 68, precedente á primavera francesa.

Lea también

La programación previa de los Premios Feroz en Pontevedra incluye un ciclo sobre las mujeres en el cine gallego

El Ayuntamiento de Pontevedra programa un ciclo que pone a las mujeres en el centro …