Inscrición en Narón para participar no “IV Trail Costa Ártabra”

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e o presidente da Asociación Deportiva Cultural Bombeiros de Narón, Luis García, presentaron a cuarta edición do “Trail Costa Ártabra”, que se celebrará o 14 de setembro na cidade.

O Concello coorganiza este evento coa citade entidade deportiva, dende onde anunciaron que este 1 de xullo se abrirá o prazo de inscrición –ata o 9 de setembro ás 23:59 horas) a través da web: www.rockthesport.com. A proba é carreira UTMB Index, outorgando puntos para a gran final das UTMB World series 2026 que se disputará en Chamonix (Francia).

Un ano máis haberá dúas modalidades de carreira e outras tantas de andaina, con saída e meta en todos os casos das inmediacións da cooperativa do Val. No trail haberá unha modalidade longa, de 27 quilómetros (pistas e sendeiros maioritariamente e con saída ás 9:00), e outra de 14 (pistas e asfalto maioritariamente, con saída ás 9:45) e, como novidade este ano, a maiores das categorías sénior e veteráns, haberá unha absoluta, masculinas e femininas.

O percorrido ofrecerá a oportunidade de baixar ata a Pena Lopesa e bordear os acantilados para regresar pola zona da Pena Molexa.

No que respecta ás andainas, a longa, de 13,5 quilómetros sairá ás 9:15 horas e a curta, de 8 kilómetros, ás 9:30 horas. Na primeira delas os e as camiñantes poderán ver as tres praias de Narón, Lopesa, Hortiña e Casal. Para as andarinas haberá un máximo de 90 prazas.

En total ofertaranse 300 prazas para o trail e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría, tanto masculina como feminina, en sénior e veteráns. Tamén se agasallará cunha cesta con produtos variados ao corredor e corredora con mellor tempo no trail longo.

As bases ao completo deste evento deportivo poden consultarse na web: www.rockthesport.com.

Santalla agradeceu á Asociación Deportiva Cultural Bombeiros de Narón traballo realizado para poder convocar na cidade unha nova edición do trail Costa Ártabra e animou cidadanía a participar no mesmo e desfrutar do deporte e tamén do patrimonio natural e cultural da cidade.

Lea también

Alba de Bernardo bronce en el Mundial Militar de Judo

El pasado jueves 26 de junio tuvo lugar el Campeonato Militar de Judo en Warendorf …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *