A Madalena acolle a promoción «Ferrol levanta a cabeza»

Cites Ferrol busca espertar o orgullo ante a extraordinaria arquitectura da cidade.

Fuente CITES Ferrol-2024

“Ferrol levanta a cabeza” é un excelente consello que CITES FERROL leva á rúa cada ano, para desfrutar do sorprendente patrimonio arquitectónico que soamente se descobre se miraramos cara arriba.

Un consello especialmente dirixido aos ferroláns mais tamén aos turistas e visitantes que percorren a cidade departamental. Trátase dunha curiosa iniciativa que forma parte do programa financiado pola Deputación da Coruña “Ferrol, cidade aberta ás expresións”, un programa que ofrece ás entidades e empresas o espazo da cidade como un gran lenzo no que expresarse.

Os paseos por Ferrol coa fronte ben alta mostran unha gran diversidade de estilos arquitectónicos, un enorme catálogo de cores e tamén de formas moi destacadas, uns preciosos traballos en forxa para balcóns e en madeira para as galerías.

A cidade de cristal? Ferrol é a cidade na que se levantaron as primeiras galerías a imaxe e semellanza dos barcos que se construían nos estaleiros da cidade. Ata onde chegarían as galerías de Ferrol se as poñemos en fila?

Durante esta semana, e sempre que a climatoloxía permítao, ao longo da rúa Real os viandantes atoparán, de novo, unhas figuras que nos convidarán a que miremos e admiremos os edificios do século XVIII e XIX de Ferrol. Nas mesmas, será posible coller un folleto informativo que enriquecerá a mirada.

Esta iniciativa celebra xa a súa cuarta edición e sempre ten unha extraordinaria acollida. Pero “Ferrol levanta a cabeza” é ademáis un lema que convida a espertar o orgullo ferrolán ante un patrimonio único que nos pide que LEVANTEMOS A CABEZA MOI ALTA!!!

Lea también

El equipo de psicología del hospital Ribera Juan Cardona en Ferrol organiza sesiones de autocuidado

El hospital Ribera Juan Cardona en Ferrol organiza sesiones de autocuidado para todo el personal …