O Concello de As Pontes manifesta total apoio ó persoal de Einsa

A concelleira de Industria, Ana Pena, mantivo a semana pasada unha reunión co comité de empresa de Einsa Print no que amosou o total apoio do Concello das Pontes ao plantel da empresa ante a intención da dirección aplicar un novo Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de 102 dos 128 traballadores e traballadoras da Einsa Print e o cesamento definitivo da actividade de imprenta.
 
 
Durante o encontro o Comité de Empresa lembraba que, no ano 2024 asinouse un acordo entre a empresa e o comité de empresa que garantía a continuidade do emprego ata o 31 de decembro de 2026, tras un primeiro axuste de 120 postos. Este acordo contemplaba cláusulas de estabilidade e compromisos ante novas medidas en caso de causas sobrevidas, algo que, tal e como nos indica o Comité de Empresa de Einsa, non se está respectando no novo expediente presentado.
 
Desde o Concello das Pontes, Ana Pena amosaba o apoio unánime do goberno local coas reivindicacións do comité de empresa e o respeto aos compromisos firmados, esixindo garantías para os dereitos laborais da plantilla de Einsa Print.
 
Asi mesmo, o Concello das Pontes ven de solicitar formalmente unha reunión coa Xunta de Galicia, coas consellerías de Industria e Emprego, co obxectivo de reactivar o plan de formación e reinserción laboral iniciado en 2024, orientado a abrir novas oportunidades no mercado laboral da comarca aos centos de traballadores afectadas polo ERE.
 
Nese sentido, “consideramos que este programa é fundamental para ofrecer alternativas reais na nosa comarca ás persoas afectadas, moitas delas cunha longa traxectoria profesional, de incluso décadas de traballo, nun sector hoxe en declive e sen futuro”.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …