A alcaldesa de Narón entrega os diplomas do Campamento dixital

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, entregaron na tarde do mércores 25 os diplomas aos alumnos que remataron o Campamento Dixital impulsado pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation.

Un total de once menores, de entre 9 e 11 anos, remataron esta iniciativa, que se levou a cabo na Casa da Mocidade, na Gándara, entre os meses de maio e xuño deste ano. A temática destes campamentos foron as competencias dixitais e contou con formadores especializados para ensinarlles aos participantes a buscar información valiosa en Internet, hábitos saudables, xerar pensamento crítico para identificar novas falsas, coñecer profesións emerxentes, así como competencias dixitais para a búsqueda de emprego, entre outros obxectivos encamiñados a realizar un uso responsable de internet.

Os nenos recibiron un certificado DigComp 2.2 de nivel intermedio, no que se especificaban as horas cursadas e a puntuación obtida en cada caso sobre a utilización das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións dentro do marco europeo. A alcaldesa interesouse por coñecer de primeira man a impresión das nenas e nenos sobre esta iniciativa, valorándoa moi positivamente todas e todos os participantes.

Lea también

Narón convoca unha reunión informativa sobre o proxecto de conexión peonil do Río Inxerto e a avenida de Santa Icía

O centro cívico social da Solaina acolle o xoves día 26, unha reunión informativa sobre …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *