Fene anuncia dous campamentos dixitais para a mocidade entre os meses de xullo e agosto

Concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza dous campamentos dixitais, dirixidos a mozos de 9 a 17 anos, entre o 16 de xullo e o 14 de agosto. As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais de forma presencial, do luns 30 de xuño ao 14 de xullo para calquera dos dous obradoirosA formación será de balde pero os participantes deberán acudir con tablet ou ordenador propio.

Os Campamentos Dixitais son actividades extraescolares en competencias dixitais dirixido a nenos e adolescentes de entre 9 a 17 anos. A duración dos mesmos é dez sesións cun total de 30 horas de formación. E neles, a aprendizaxe está plantexada coma un xogo a través dunha aventura interactiva, na que a rapazada deberá completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.

Os materiais e recursos educativos estarán adaptados aos diferentes grupos de idade: de 9 a 13 años; e de 14 a 17.

Os talleres a desenvolver son os seguintes:

Grupo I: de 14 a 17 años

Datas:do 16.07.2025 ao 30.07.2025. de luns a venres.

Horario: 10:00-13:00 horas

Lugar: Aula de informática. Avda Naturais nº 44 entresollado- Fene.

Os contidos a traballar neste taller son os seguintes:

Cómo equilibrar os tempos que pasan usando dispositivos electrónicos

O uso consciente e responsable da Internet e as redes sociais

Identificar os principais riscos nas redes, cómo protexer os seus datos persoais e manter a privacidade en entornos virtuais.

Onde atopar ofertas de emprego

Grupo II: de 9 a 13 anos

Datas: do 31.07.2025 ao 14.08.2025 de luns a venres.Horario:10:00-13:00h.

Lugar: Aula de informática. Avda Naturais nº 44 entresollado- Fene.

Os contidos a traballar neste taller son os seguintes:

Usar palabras clave e preguntas completas nos buscadores web

As ferrramentas para crear contido dixital

Qué é un bulo, o seu impacto e cómo frear a desinformación

Recoñecer posibles riscos na Internet e cómo manterse seguros

Equilibrar o uso da tecnoloxía con actividades fora da pantalla

Cómo coidar a súa privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais

Filtrar, gardar e compartir o contido que atopan en Internet

Detectar posibles situacións de ciberacoso e saber cómo previlas

Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.

Lea también

Valdoviño celebra su feirón mensual

Vecinos y visitantes de Valdoviño tienen este domingo 29 de junio una cita con el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *