A finais de xullo terá lugar a I Carreira Andadura Cidade de Narón

A concelleira de Festas e Feiras de Narón, Mar Gómez presentou este mércores con Diego Díaz, Daniel Martínez e Aitor García, presidente, vicepresidente e tesoureiro respectivamente da Asociación de Cabaleiros de Narón, a I Carreira Andadura Cidade de Narón. Un evento que se celebrará o vindeiro 27 de xullo na rúa Panadeiros (fronte ao almacén de Lidl no polígono de Río do Pozo).

Presentación do evento no Concello de Narón

O evento desenvolverase en horario de mañá e tarde e os interesados en participar poden inscribirse –ata o día antes do evento- a través do mail cabaleirosnaron@outlook.com ou do teléfono 677 193 177 (Whatshap dende o que se enviará o formulario de inscrición).

O evento iniciarase ás 9:30 horas e a medición de cabalos será ás 10:00, para comezar as carreiras ás 10:30 horas e ata as 13:30, nas modalidades CMG chapeada, CMG serrada, andadura chapeada e andadura serrada. Ao mediodía haberá un descanso para xantar, podendo facelo na zona, onde se servirá a prezos populares –de balde para os socios- polbo e churrasco.
Pola tarde retomarase a programación ás 16:30 horas, cunha carreira sub 16 e unha hora máis tarde haberá un paseo infantil (con agasallos) para todas as nenas e nenos que queiran realizalo. Unha andadura chapeada e outra serrada pecharán as propostas previstas neste evento. Ao final das mesmas entregaranse tres premios e trofeos aos mellor clasificados en cada proba.

Dende a organización incidiron en que será obrigatorio o uso de casco en todas as probas e acudir con seguro de responsabilidade civil, entre outras normas.

Dende a Asociación de Cabaleiros de Narón confían en que contar cunha importante afluencia de participantes e público, ao tratarse da primeira carreira e andadura organizada na cidade e tendo en conta, indicaron, la elevada aficción ao mundo equino nesta comarca. “Esperamos que sexa a primeira de moitas”, aseguraron dende o colectivo, ao que se poden asociar as persoas interesadas no teléfono indicado anteriormente e que prevé organizar outras propostas ao longo do ano, como algunha ruta a cabalo pola zona.

Pola súa banda, a concelleira de Festas e Feiras destacou o labor desta asociación local e animou á cidadanía a acudir á convocatoria e desfrutar das carreiras, das andaduras e tamén do xantar popular programado para a ocasión.

Lea también

Ferrol acoge el campeonato de España Subjúnior de Powerlifting y Press Banca

Se celebrará del 27 al 29 de junio en el polideportivo del Ensanche. El concejal …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *