As Pontes acometerá obras de mellora no firme da Avda. Das Veigas e a rúa Pardo Bazán

Os traballos, cun investimento de máis de 79.000 euros, buscan reforzar a seguridade e comodidade do tráfico rodado e peonil nestas dúas vías estratéxicas do municipio.

O Concello das Pontes ven de aprobar o expediente de licitación do proxecto de mellora do firme na Avenida das Veigas e na rúa Pardo Bazán, dúas arterias principais do entramado urbano que presentaban sinais evidentes de deterioro.

As actuacións, cun orzamento de 79.421,08 euros, con cargo á Deputación da Coruña, están centradas na rehabilitación superficial e estrutural dos viarios, co obxectivo de garantir unha circulación máis segura, cómoda e eficiente tanto para vehículos como para peóns.

O plan inclúe tarefas de limpeza e preparación das marxes, fresado do firme deteriorado, regularización de zonas deformadas, reparación de fochancas con mestura bituminosa e a instalación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. Ademais, está prevista a renovación da sinalización horizontal, para unha mellor organización do tránsito.

Desde o concello das Pontes apuntan que “estas obras forman parte do noso compromiso cunha vila máis segura, accesible e adaptada ás necesidades da veciñanza». Estas actuacións non só melloran a estética e funcionalidade das rúas afectadas, senón que tamén contribúen a reducir o risco de accidentes e a prolongar a vida útil da infraestrutura viaria.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …