Se aproba en Cedeira repartir entre ABAC e novas rutas BTT os quintos Orzamentos Participativos

O pleno do Concello de Cedeira aprobou por unanimidade, en sesión extraordinaria, os quintos Orzamentos Participativos e as primeiras propostas de investimento do Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) Ondiñas na Vila.

Fuente Concello de Cedeira

No primeiro caso, o alumnado de 3o de ESO do IES Punta Candieira foi o encargado de elaborar e levar diante da corporación a proposta para investir os 20.000€ reservados ao proceso. Finalmente, acordouse incrementar a partida ata os 22.000€ para executar as dúas iniciativas más votadas: unha aportación de 10.000€ para a ABAC e o resto para a adecuación e sinalización de rutas BTT.

No segundo caso, o CLIA Ondiñas na Vila logrou tamén o respaldo da corporación para facer realidade as súas dúas propostas: un merendoiro no parque San Isidro e un ciclo de cine con cinco sesións para o público infantil e xuvenil que se desenvolverá no mes de xullo. En total, as dúas accións suman un orzamento de poco máis de 3.400€. Son as primeiras políticas concretas que se van executar en Cedeira procedentes do órgano consultivo da infancia e a adolescencia local, que traballou ao longo do curso académico para escoller e elaborar as propostas que considerou prioritarias dentro do I Plan de Infancia e Adolescencia de Cedeira.

Como en anteriores edicións, o traballo dos mozos e mozas de 3º da ESO implicados no proceso de Orzamentos Participativos comezou en xaneiro pasado coa realización dunha serie de talleres de formación sobre a democracia local, a organización da administración municipal e a investigación das necesidades do pobo. En marzo, o grupo aprendeu diferentes metodoloxías de investigación e en abril o traballo centrouse na elaboración de proxectos. Para o mes de maio xa tiñan enriba da mesa un total de nove propostas que pasaron pola consideración dos técnicos do Concello para ver se todas eran de competencia municipal e viables economicamente.

Fuente Concello de Cedeira

As propostas que se someteron á votación final nas aulas para seleccionar a que se levaba a pleno foron: a mellora dalgunhas fontes públicas, a mellora dos baños públicos, unha xornada de inchables, festa de escuma e sesión láser-tag, a creación de rutas BTT, un parque canino, un ciclo de cine e o incremento da axuda a ABAC, a Asociación polo Benestar Animal de Cedeira, que se ocupa do coidado ás colonias felinas.

A máis votada foi esta última e a continuación a da roza e sinalización de rutas BTT para facer en bicicleta. Ambas as dúas teñen en común o seu vencello ao tecido asociativo local, dado que a primeira é para mellorar a dotación e recursos da ABAC e a segunda vai desenvolverse coa colaboración do club ciclista Candieira. O estudante Unai González Bustabad foi elixido polo grupo para defender diante do pleno de Cedeira a proposta final. A sesión desenvolveuse no Auditorio Municipal para facilitar a asistencia dos mozos e mozas que participaron no proceso de Orzamentos Participativos, así como do CLIA.

Cabe recordar que o consello “Ondiñas na Vila” está formado por trinta menores, representantes de nenos do CEIP Nicolás do Río e dos mozos do IES Punta Candieira.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …