A sardiñada e churrascada en Narón en San Xiao estará amenizada por Xosé Manuel Budiño

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro presentou a sardiñada e churrascada que se celebra o día 28 deste mes en San Xiao acompañada polo vicepresidente da AVV “Ceibe” San Xiao, Luis Doce, e por Guillermo Hermida, vogal da citada entidade.

A convocatoria desenvolverase a partir das 19:00 horas no entorno do centro cívico social da parroquia e inclúe un concerto do gaiteiro Xosé Manuel Budiño. A programación iniciarase ás 19:00 horas, con xogos tradicionais, populares e inchables, para comezar o reparto das sardiñas e o churrasco ás 21:00 horas.

O prezo do churrasco, con criollo, pan e bebidas, é de 15 euros para os socios da AVV “Ceibe”, que tamén terán unha sardiña de regalo, e de 18 euros para o resto. As sardiñas terán un prezo de dous euros por cada tres unidades. Os tickets poden collerse por adiantado hoxe e tamén os días 25 e 27 deste mes no centro cívico social de San Xiao, en horario de 19:30 a 21:00 e tamén o propio día 28 de 19:00 a 21:00 horas.

A música dará comezo ás 21:00, momento no que actuará o Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura, e ás 22:30 dará comezo o concerto do gaiteiro galego Xosé Manuel Budiño. A alcaldesa da cidade destacou o labor da AVV “Ceibe” e a súa implicación nos eventos que desenvolven ao longo do ano e destacou o feito de poder organizar conxuntamente actos como este, cun carácter gastronómico e tamén un apartado cultural, no que se fomentan as relacións entre a veciñanza durante toda unha tarde festiva.

O Concello e a AVV Ceibe organizan a convocatoria, que conta tamén coa colaboración da administración provincial.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …