Narón convoca unha reunión informativa sobre o proxecto de conexión peonil do Río Inxerto e a avenida de Santa Icía

O centro cívico social da Solaina acolle o xoves día 26, unha reunión informativa sobre as obras de conexión peonil do Río Inxerto e a avenida de Santa Icía. A convocatoria dará comezo ás 20:30 horas e durante a mesma persoal do equipo redactor do proxecto explicará os pormenores da actuación ás persoas que acudan.

A materialización dos traballos previstos permitirá crear un itinerario peonil e accesible entre o paseo do río Inxerto, lindeiro con Ferrol, e a avenida de Santa Icía, tal e como se contempla no documento que se presentará na citada convocatoria.

A intervención está enmarcada no Plan director do barrio da Solaina e a través deste proxecto defínense as obras que se prevén levar a cabo para conectar a avenida de Santa Icía co río Inxerto, entre elas a rúa Reis Católicos (na súa totalidade), a continuación dos espazos peonís na marxe oeste da rúa Francisco Pizarro (entre Reis Católicos e Cristóbal Colón) e na marxe norte da Cristóbal Colón (entre a Francisco Pizarro e a Martín Códax).

A conexión de espazos públicos nesa zona e de equipamentos permitirá reforzar tamén a conectividade para os peóns, facendo un núcleo máis humanizado, con percorridos máis accesibles. A renovación de pavimentos, fomentar os espazos peonís, incluír vexetación e mobiliario urbano e a renovación puntual de instalacións e infraestruturas ubicadas neses espazos centrarán parte das actuacións previstas.

As obras proxectadas requiren dunha intervención integral, neste caso no núcleo urbán, para mellorar tamén a seguridade para os usuarios e usuarias das vías e espazos obxecto da actuación.

Lea también

A sardiñada e churrascada en Narón en San Xiao estará amenizada por Xosé Manuel Budiño

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro presentou a sardiñada e churrascada que se celebra o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *