Equiocio Ferrol Social continúa co calendario de actividades previo ao certame

 

Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol Social continúa co seu calendario de actividades previo ao certame, e o venres 20 pola mañá levaba a cabo unha acción medioambiental na contorna do Campo das Cabazas, en Covas.

Seguindo a estela de anos anteriores, entidades do ámbito sociosanitario das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal protagonizaron unha plantación de lonicera ligustrina e allysum blanco na zona máis próxima á pista de competición, baixo a dirección da mestra horticultora Cristina Cagiao, de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.

Equiocio Ferrol
Equiocio Ferrol
Equiocio Ferrol

Na actividade participaron usuarios e usuarias, equipos e directivas de Aspanaes, Afal Ferrolterra, Asociación ASCM, Patronato Concepción Arenal, Aspaneps, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Basketmi, Espazo Návitas e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. 

Equiocio Ferrol
Equiocio Ferrol

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …