O campo de fútbol do Val acolle en Narón a oitava edición do Torneo xuvenil Sinde´s Cup

O campo de fútbol do Val acolle este domingo 19, a oitava edición do Torneo xuvenil Sinde´s Cup, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento con Félix Serantes e Bárbara Grandal, integrantes da directiva da Sociedade Deportiva O Val, que coorganiza o evento co Concello.

As semifinais deste torneo disputaranse pola mañá, a partir das 10:30 hora na que dará comezo o partido entre o Racing de Ferrol e o Deportivo da Coruña. A continuación, ás 12:00 horas iniciarase o partido do Club Deportivo Lugo e o Celta de Vigo. Pola tarde será o turno da final de consolación, a partir das 17:30 horas, e a final deste Torneo xuvenil Sinde´s cup será ás 19:00 horas.

As persoas interesadas en asistir poden retirar as entradas nas oficinas do club do Val ou na billeteira, de luns a venres, a partir das 19:30 horas. O prezo para a xornada completa é de 10 euros, mentres que o de media xornada é de 7 e os menores de 16 anos pagarán un euro.

O edil de Deportes valorou o feito de que un ano máis se dispute este torneo xuvenil na cidade, poñendo en valor o traballo realizado dende a Sociedade Deportiva O Val e animando á cidadanía a acudir ao evento para animar aos deportistas que participarán no mesmo.

Lea también

El Racing se estrena en Guadalajara este Viernes Santo

M.V.Los de Guillermo Fernández Romo visitan al CD Guadalajara en el Pedro Escartín este viernes …