O novo volume do anuario diocesano «Estudios Mindonienses» presentarase en setembro

«Estudios Mindonienses», o anuario diocesano de estudos histórico-teolóxicos, contará cun novo volume tras o verán. Así o confirmou o seu director, o coengo catedralicio e profesor do Intituto Teolóxico Compostelán, Benito Méndez, tras a revisión das últimas probas da imprenta e as correccións habituais que se fan neste tipo de publicacións académicas.

O novo volume, o número 38, correspondente ao ano 2025, vai ser editado por primeira vez pola imprenta Gráficas Lope de Salamanca, en substitución de Kadmos, que o viña facendo desde o primeiro volume. «Desde o Consello de Redacción tomamos a decisión de comezar unha nova etapa en canto á edición da revista», confirmou Méndez, «co agradecemento á imprenta Kadmos por tantos anos de traballo e dedicación para que Estudios Mindonienses se caracterizase por unha calidade na edición indiscutible«.

O volume intégranno dezanove traballos de investigación inéditos, ao longo de máis de seiscentas páxinas e case cento cincuenta fotografías a todo color. Unha vez editado, distribuirase entre os suscritores, as institucións académicas coas que a revista mantén intercambio e as principais bibliotecas, arquivos e museos tanto a nivel local como rexional. A suscrición á revista en papel está dispoñible a un prezo de 19 euros ao ano, cun desconto para librarías do 25 %.

Presentación en Mondoñedo

Como ven sendo habitual, as capitais da diocese sucéderanse como sede da presentación da revista. Se o ano 2024 foi en Ferrol, coincidindo coa publicación dos volumes conmemorativos na honra do fundador da revista, Segundo Pérez, nesta ocasión tocaralle á cidade episcopal de Mondoñedo. Será nun acto na Casa dos Coengos de Mondoñedo, o venres 12 de setembro, a partires das 18:00 horas. Nel intervendrán, ademáis do director e o bispo da diocese, os investigadores Xaquín Campo e Sergio Muíño, quenes presentarán oficialmente os seus traballos: un sobre unha panorámica da Igrexa ferrolá entre os anos 1963 e 2007 e o outro sobre a identidade cultural do santuario de Santo André de Teixido.

Corpus de traballos do novo volume:

Manuel Carriedo Tejedo: Los títulos dumiense, britonense y mindoniense (ss. VI-XII).

Margarita Sánchez Yáñez: Construcción de la iglesia de San Julián.

Xaquín Campo Freire: A Igrexa de Ferrol na lembranza actual dunha testemuña activa. Eu así a vivín de 1963 a 2007.

Rodolfo Lois Ferradás Blanco: Coloquios y romaxes: La Iglesia gallega en estado de misión.

Vicente González Radío y Benito Méndez Fernández: El fenómeno religioso en la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol. Marco teórico y reflexión sobre los datos sociológicos del proceso de secularización contemporáneo (primera parte). Sergio Muíño Freire y María Elvira Lezcano González: Santo André de Teixido: converxencia entre identidade cultural e un futuro compartido.

Antonio Aguayo Cobo y María Dolores Corral Fernández: Influencia de la Orden de Cluny en la decoración escultórica de San Martiño de Xuvia.

Juan Antonio Sánchez Hernández: Estudio histórico-artístico del conjunto de pintura mural (presbiterio y transepto) y del retablo mayor de la Catedral de Nuestra Señora de la Asunción de Mondoñedo (Lugo).

Pedro Javier González Rodríguez: Un crucifijo del taller de José Ferreiro en San Francisco de Viveiro.

Pedro Javier González Rodríguez: La sillería de coro de la concatedral de Ferrol.

Pedro Javier González Rodríguez: Una nueva obra del platero Domingo Antonio de Castro.

Rafael Ángel García-Lozano: Inspiración de inspiración. El sello de Quintín de Torre en la obra de Raimundo Rubal.

Daniel Pérez Murado: Santa Eulalia de Bóveda: contexto, arquitectura e iconografía.

Ernesto Zaragoza Pascual: Reforma de los monasterios de Samos y de Monforte (1499).

Ernesto Zaragoza Pascual: Pretensiones de Esteban de Camporamiro sobre el monasterio de Chantada y al arcedianato de Celanova en Ourense (1496).

Jorge Viz González: Alicerces do Morgado da Casa de Raíndo.

Roberto Reigosa Méndez: Un manuscrito encontrado. Coplas, canciones y letrillas recogidas o compuestas por Arturo Rivas Pérez en los meses anteriores a la Guerra Civil española.

Juan José Varela Tembra: HADEWIJCH, Canciones. Una flor de Flandes al servicio de la literatura neerlandesa y de la Teología espiritual.

Máis información sobre a revista «Estudios Mindonienses» en www.estudiosmindonienses.es

Novo perfil nas redes sociais das bibliotecas diocesanas

Doutra banda, as bibliotecas diocesanas do Seminario de Mondoñedo e da Domus Ecclesiae de Ferrol ábrense paso no mundo das redes sociais coa apertura dun perfil conxunto en Instagram. Esta nova canle de comunicación permitiralles difundir as súas actividades e promocionar os seus valiosos fondos bibliográficos entre o público máis novo. O acceso pode facerse premendo no seguinte link instagram.com/bibliomondonedoferrol

Lea también

Entrega de premios en Fene do III concurso de BD de Humor Demo Pequeno

Organizado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial, o certame reuniu este xoves …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *