Ferrol en Común solicita se aplique a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística nas Pequeparadas

Dende Ferrol en Común «queremos denunciar o incumprimento por parte do Concello da Ordenanza Municipal de Normalización lingüística en canto ao cambio das placas nas Pequeparadas escolares».

En distintas Comisións e Consellos Sectoriais da Lingua celebrados, FeC «reiterou a petición de cambio das placas ao galego, lingua vehicular do Concello, contestando a señora concelleira que “xa se encargaran para cambialas” e a día de hoxe, 8 meses despois de múltiples respostas diferentes e rematado o curso escolar, contemplamos como as placas seguen igual, incumprindo a ordenanza municipal de normalización lingüística».

Dende FeC, no último Consello Sectorial da Lingua celebrado o pasado día 19, «solicitamos que o día 8 de setembro, co comezo do novo Curso Escolar, estean cambiadas as ditas placas dunha vez por todas e se dea cumprimento á Ordenanza Municipal e aos acordos adoptados e antes que tarde “normalicen” o idioma nas Pequeparadas».

Lea también

Ferrol celebra el Mes Internacional de las Personas Mayores apostando por un envejecimiento activo y saludable

El primer acto tendrá lugar este jueves día 1 en el centro municipal Río Xubia, …