As Somozas abre este 25 de xuño a piscina descuberta municipal

Aberta ao público de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas, e as solicitudes de abonos para a piscina deberán facerse no Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas. Un ano máis haberá servizo de cantina nas instalacións.

O Concello das Somozas abrie este mes de xuño a piscina descuberta municipal para a tempada estival, que volverá a contar con servizo de cantina.

O recinto abrirá do 25 de xuño ao 15 de setembro e o horario de apertura ao público será de luns a domingo, en horario de 14:30 horas a 20:30 horas. As persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Servizo cantina

Outro ano máis, as instalacións contarán con servizo de cantina, anexo ás instalacións, que estará a disposición das persoas usuarias, no mesmo horario ca piscina.

Lea también

Finalizan en Neda los trabajos de construcción de la nueva rotonda de Xuvia

Finalmente han concluido las obras de la rotonda de Xuvia, una intervención solicitada por el …