Psoe Ferrol solicita que rematen os traballos da estrada do Vilar en Doniños

O grupo municipal socialista, a través do seu concelleiro Julián Reina, solicitou á Comisión de Urbanismo «información sobre o avance do proxecto da estrada de Vilar en Doniños; un proxecto financiado con fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación e executado polo Concello de Ferrol».

«O motivo desta pregunta foi que, malia o cartel de obra que leva varias semanas no inicio da vía, só se traballou nun tramo fronte ao campo de tiro».

O grupo socialista, «por unha banda, alertou ao goberno municipal sobre o escalón deixado no firme que, pola súa perigosidade, debería estar sinalizado e, ao mesmo tempo, solicitou información sobre o estado da obra, ao non entender por que só se sinalaba un tramo».

«Ante esta pregunta, o goberno local respostou que o tramo asfaltado executouse aproveitando o material sobrante da obra da estrada do Lago, o que, como manifestou Reina, semella ser unha forma de xestionar a construción máis propia dos “Manolo y Benito chapuzas a domicilio” que dunha administración pública».

O grupo socialista amosou «a súa preocupación porque á marxe dos numerosos anuncios de proxectos faraónicos que nunca se concretan, «o que si vemos é que toda obra executada polo alcalde é un caos». A este respecto, citou algúns exemplos, como o parque de Persoaxes Populares, que xerou malestar veciñal; o cambio de xestión da rúa da Igrexa, que recibiu un informe sobre deficiencias que se poderían derivar directamente das instrucións dadas polo actual goberno; ou os atrasos e chapuzas na estrada de Catabois, entre outros».

O grupo socialista «vencellou esta mala xestión das obras directamente coa ausencia do alcalde. «Non entendemos como o alcalde pode permitir tal descontrol das obras», afirmou Julián Reina.

Lea también

Una motorista herida en una colisión con un coche, en Serantellos, Ferrol

Una motorista,  B.L.F. de 45 años de edad, ha  resultado herida, de carácter leve, al …