Dispositivo especial de tráfico en Ares por mor das Alfombras Florais

O Concello de Ares porá en marcha nesta fin de semana un dispositivo especial para xestionar o tránsito de vehículos durante as Alfombras Florais de Ares que se celebrarán durante as xornadas do sábado 21 e o domingo 22 de xuño.

Para facilitar o correcto desenvolvemento de todos os actos programados, dende a confección das alfombras á procesión da tarde do domingo ou os posteriores traballos de limpeza, aplicaranse un conxunto de medidas que afectan á circulación e estacionamento no núcleo urbano da vila.

En concreto, non se poderá circular nin estacionar dende o sábado, 21 de xuño, ás 09:00 horas ata o luns, 23 de xuño, ás 15:00 horas, nos seguintes tramos: praza da Igrexa e o Peirao, na rúa Real ata as Escolas do Lago e na Rúa María, dende o seu cruce coa Rúa Reitoral á altura da peixería, ata as Escolas do Lago.

Dende a Concellaría de Seguridade aconséllase aos visitantes desta Festa de Interese Turístico de Galicia empregar os aparcadoiros municipais gratuítos de carácter disuasorio.

Asimesmo, esténdese un chamamento á colaboración cidadá nestas datas especiais e agradécese a comprensión da veciñanza polas posibles molestias ocasionadas.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …