A Casa das palmeiras acollerá en Neda a presentación do último número da “Revista Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid”

O acto, aberto á cidadanía, terá lugar o xoves 21 a partir das 19:00 horas.

Casa das Palmeiras en Neda. Foto Galicia Artabra

A Casa das palmeiras acollerá o vindeiro xoves 21 de  agosto a presentación do último número, o 15, da “Revista Olga. Revista de Poesía  Galega en Madrid”. O acto, aberto á cidadanía, dará comezo ás 19:00 horas coa  intervención do director da publicación, o escritor e Fillo Predilecto do Concello de  Neda Vicente Araguas, e do secretario, Manuel Pereira.  

O acto continuará cun recital poético no que tomarán a palabra, ademais de Vicente  Araguas e Manuel Pereira, autores como Xoán García, Manuel Patinha, Pedro  Rascado e Karlotti Do Val. E como broche de ouro, contará coa poeta Pura Tejelo, que sumará a súa voz ao recital poético colectivo.

Lea también

El concierto de Manu Sija cierra en Neda el festival itinerante Jazz de Ría

Jazz de Ría concluirá su décima edición este domingo 16 a mediodía en Neda. El …