A nova planta de Estrella Galicia en Arteixo creará 600 postos de traballo directos.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou no acto de inauguración da nova fábrica de Estrella Galicia no polígono industrial de Morás, no concello de Arteixo. O envento contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e membros da dirección da compañía, así como traballadoras e traballadores da firma.

Fuente Diputación de A Coruña

Formoso trasladou os parabéns da institución provincial á familia Rivera e ao equipo humano da empresa, destacando que “non hai parangón no mundo empresarial galego” para unha empresa que representa un proxecto de éxito baseado no esforzo, na innovación e no compromiso co territorio.

O presidente provincial subliñou a evolución da compañía durante a súa historia, pasando de facturar 40 millóns de euros a estar agora preto dos 1.000 millóns, con máis de 2.000 empregados no seu cadro de persoal e unha presenza internacional en máis de 75 países.

Fuente Diputación de A Coruña

Durante o acto, Formoso destacou tamén a dimensión simbólica deste proxecto, lembrando a figura de José María Rivera Corral, fundador da compañía e veciño das Pontes que emigrou moi novo a América antes de regresar a Galicia para fundar a empresa. “Estaría moi ledo de ver este día, igual que os seus pais, que fixeron un grande esforzo para darlles unha oportunidade aos seus fillos nunha época moi complexa”, sinalou o presidente.

Para rematar, Formoso puxo en valor a relación que Estrella Galicia mantén coa súa terra, afirmando que “máis alá de tentacións nacionais e mundiais, as inversións de Estrella Galicia seguen a ser aquí. E iso hai que aplaudilo. Espero de corazón que sigades contando co corazón e comprometidos con este país”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

A nova fábrica de Estrella Galicia supón unha das maiores inversións industriais en Galicia dos últimos tempos. Cun investimento inicial de 189 millóns de euros nesta primeira fase, o proxecto completo poderá alcanzar os 400 ou incluso os 500 millóns.

A planta arranca cunha capacidade de produción de 300 millóns de litros anuais, pero está deseñada para escalar ata os 1.000 millóns, o que supón duplicar a capacidade da planta orixinal da compañía situada no polígono da Grela, na Coruña.

Fuente Diputación de A Coruña

A nivel laboral, esta nova infraestrutura permitirá a creación de 600 postos de traballo directos e ata 10.000 indirectos ao longo da súa cadea de valor. O impacto económico e social será especialmente relevante para a comarca da Coruña, reforzando o papel da empresa como un dos principais motores industriais da provincia.

Ademais do seu impacto económico, a planta de Morás foi concibida baixo criterios de vangarda tecnolóxica e responsabilidade ambiental. Trátase dunha fábrica de última xeración, cun modelo de produción sostible, baseada na eficiencia enerxética, nas cero emisións contaminantes e na automatización intelixente dos procesos, sen perder a esencia artesanal que caracteriza á compañía desde a súa fundación en 1906.

Lea también

Tres de cada 10 hogares gallegos destinan al alquiler más de un tercio de sus ingresos

Dentro de los siete grandes ayuntamientos gallegos, Ferrol es el que cuenta con un mayor …