Ares estrea unha renovada área infantil no parque Rosalía de Castro

A zona de lecer infantil do parque Rosalía de Castro, no núcleo urbano de Ares, amosa o resultado do proxecto de renovación que se executou recentemente na súa infraestrutura lúdica, e que permite gozar dunha área con novos elementos dende este mesmo mes.

Despois de incorporar os xogos para as franxas de menor idade, o Concello vén de rematar a instalación dos elementos lúdicos das crianzas máis maiores, especificamente unha rede triangular, unha vagoneta inoxidable e unha plataforma con tobogán.

Arredor destes xogos, como xa se fixo tamén na actuación previa materializada en 2024, instaláronse os seus respectivos pavimentos de caucho de seguridade, priorizando a minimización dos posibles impactos das crianzas.

Tamén se incorporaron varias vallas de madeira de pino na parte colindante coa avenida Saavedra Meneses, de cara a incrementar a protección dos nenos con respecto á circulación de vehículos.

Máis aló dos elementos relativos ós pequenos, a área de lecer viu medrar o mobiliario urbano para os adultos que acompañan aos menores, colocando bancos e mesas rústicas con asentos adosados que melloran o confort dunha zona moi empregada na cotiandade da veciñanza.

Todos estes traballos supuxeron un investimento de 74.995,81 euros asumidos polo POS+2024 da Deputación da Coruña.

Así, como se resalta dende a Concellaría de Urbanismo que dirixe Olimpia Marcos, o proceso de modernización das áreas infantís parte dunha planificación estratéxica na que se “renovarán os parques de lecer para os máis pequenos que se fixeron progresivamente en lexislaturas previas en zonas como Redes, Chanteiro ou Cervás”.

Lea también

Investigada una joven de Ortigueira por venta de drogas durante las fiestas de San Antón

La Guardia Civil investiga a una joven vecina de Ortigueira (A Coruña) como presunta autora …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *