A Asociación Oncohematolóxica Por+Vida celebrou o domingo 15 de xuño a súa tradicional Andaina en Fene, en horario de mañá, na praza alcalde Ramón Souto González. Foi o 17º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica iniciado en Fene no ano 2008, sendo o xermen da orixe desa asociación. Unhas 200 persoas nos acompañaron nesta xornada.
A xornada comezou ás 10.30 horas dando a benvida e coa recollida de dorsais. Sobre as 11.15 horas deu saída a andaina, cun percorrido dunha hora, doado para a maioria dos participantes, pola zona rural e urbana de Fene e Perlío.
Estiveron acompañados da Policia local e de Protección civil; E unha vez que se regresou á praza do concello, sobre as 12.15 horas leuse o manifesto que correu a cargo dun representante do grupo musical Os Tabernícolas que falou rendindo unha sentida homenaxe a 2 compañeiros mortos pola enfermidade do cancro recentemente.
Logo pasouse a sortear varios regalos cedidos por varias entidades da comarca: unha camiseta do Baxi Ferrol asinado polas xogadoras, 3 décimos de lotería, unha mochila de viaxe para a cabina do avión, unha caixa con bebidas e 2 bonos para o spa do Hotel do Odeon. Rematouse a xornada coa actuación de baile da escola May Dance Studio de Fene.
Unha vez rematada esa xornada houbo un xantar solidario ás 14.30 horas no CCRD Perlío (con inscripción previa) coa actuación musical de Os Tabernícolas.