Ángel Mato reúne á nova executiva local do Psoe Ferrol

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ferrol, Ángel Mato, reuniu á nova Comisión Executiva Local, elixida pola Asemblea do pasado domingo. Mato chamou ao equipo que o acompañará no seu segundo mandato a traballar por un proxecto “que sexa ilusionante e que ofreza respostas ás preocupacións reais dos ferroláns”, entre as que citou o emprego, a vivenda, o benestar social e a transformación de Ferrol nunha cidade moderna e amable coas persoas.

Mato pediulles aos seus compañeiros un esforzo por renovar e impulsar un proxecto socialista que durante o seu mandato como alcalde xa conseguiu devolver a Ferrol á senda do crecemento. Así, marcou como obxectivo recuperar o goberno municipal para, desde el, darlles un novo pulo ás políticas que conseguiron que a urbe recuperase  emprego, actividade e poboación, neste último caso, por primeira vez catro décadas. 

A primeira xuntanza da Executiva na Casa do Pobo serviu, nese senso, para trazar as liñas do que será o programa político do partido a nivel local durante os vindeiros anos. Antes, o equipo posou para a tradicional foto de familia ante o monolito dedicado a Pablo Iglesias.

Os membros da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE elixida na Asemblea extraordinaria do domingo 8 de xuño son: Ángel Mato (secretario xeral), Manuel Lorenzo (presidente), Rafael Fernández Beceiro (secretario de Organización), Julián Reina (portavoz e secretario de Formación e Urbanismo), Beatriz Blanco (Afiliación e Militancia, e adxunta a Organización), Natividad González Laso (Política Municipal), Ana Beceiro (Administración), Montserrat Dopico (Cultura, Educación e Memoria Histórica), Ángel Castiñeira (Comunicación), Daniel Berini (Estadística, Datos e RR.SS.), Miriam López Serantes (Rural), Manuel Santiago (Acción Electoral e Función Pública), Mónica Ferreira (Muller e Igualdade), Gerardo López Castrillón (Industria e Transición Enerxética), Antía García González (Benestar Social), Verónica Gómez Formoso (Turismo e Sostibilidade) e María Luisa Mesa (secretaria executiva).

Lea también

Agenda del martes, día 3, en la zona norte

Quedan 332 días para finalizar el año. Este año el mes de febrero es bisiesto. …