Á venda as entradas para asistir en Narón ao espectáculo sobre a Guerra Civil Española «1936»

A venda de entradas para o espectáculo “1936” continúa a bo ritmo no Pazo da Cultura de Narón.

As persoas interesadas en asistir á representación, que terá lugar os días 7 e 8 de novembro ás 20:00 horas, poden aínda adquirilas- a un prezo de 19,60 euros en tarifa reducida e de 28 para o público xeral- no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Trátase dunha proposta de algo máis de catro horas de duración, con dous descansos de quince minutos, e que unha parte do público poderá ver dende as gradas, onde aínda queda tamén algunha entrada libre.

O Centro Dramático Nacional trae ao Pazo esta obra de teatro contemporáneo, dirixida por Andrés Lima e que aborda o tema da Guerra Civil. Recoñecidos actores e actrices como Antonio Durán “Morris”, Mamen Camacho, Natalia Hernández, Paco Ochoa, Juan Vinuesa, María Morales, entre outros, e o Coro de Jóvenes de Madrid forman parte do elenco deste espectáculo.

A obra, unha das máis importantes dos últimos anos, ofrece unha visión poliédrica e coral da Guerra Civil, trasladando ao espectador por un vaivén de escenarios e situacións que axudarán a entender a complexidade dunha realidade dende distintos enfoques e perspectivas para lembrar de onde vimos.

A montaxe ofrece unha mirada afastada de calquera carácter partidista ou propagandístico e parte dun arduo proceso de investigación.

Lea también

El BOE publica la declaración del puente de Cruzul, en Lugo, como bien de interés cultural

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba este jueves el real decreto por el que …