Formoso salienta a mellora da mobilidade e a atención ao rural como claves para “superar a Galicia das dúas velocidades”

Envellecemento, vivenda e dependencia do coche, entre os grandes desafíos das áreas metropolitanas galegas, segundo o Atlas Urbano da Sustentabilidade. Os datos evidencian que a provincia da Coruña segue sendo o motor económico de Galicia, cunha forte implantación dos sectores estratéxicos e coa maior capacidade produtiva do país”, afirma o presidente da Deputación.

Fuente Diputación de A Coruña

O envellecemento da poboación, as dificultades de acceso á vivenda e a elevada dependencia do coche privado son os principais retos que deben afrontar as áreas urbanas galegas, segundo recolle a terceira edición do Atlas Urbano da Sustentabilidade en Galicia, elaborado por Economía Digital Galicia.

Durante a presentación do estudo, celebrada na sede da Fundación Paideia na Coruña, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia de contar con ferramentas de análise coma esta para planificar políticas públicas eficaces: “Hai que afrontar os retos do futuro, pero antes é necesario identificalos. Para iso, estudos coma este Atlas Urbano son imprescindibles”, afirmou

Fuente Diputación de A Coruña

Formoso puxo o foco en dous eixos prioritarios: a mobilidade sustentable e a atención á realidade do rural. “Se queremos rachar coa Galicia das dúas velocidades, debemos apostar por modelos de mobilidade máis integrados e eficaces e avanzar na cohesión territorial, conectando mellor o rural coas cidades”, sinalou. O presidente provincial tamén valorou os datos económicos que reflicte o informe: “Os datos evidencian que a provincia da Coruña segue sendo o motor económico de Galicia, cunha forte implantación dos sectores estratéxicos e coa maior capacidade produtiva do país”

Coordinado polo sociólogo e profesor da Universidade da Coruña Xosé Gabriel Vázquez, o estudo destaca que Galicia conta cun sistema urbano singular no contexto ibérico, estruturado arredor dun conxunto de cidades medias con funcións complementarias. Este modelo, fronte ao centralismo doutras rexións como Cataluña ou Euskadi, proporciona unha maior resiliencia estrutural, reparte mellor as oportunidades de desenvolvemento e favorece a cooperación entre áreas urbanas

O informe identifica retos importantes no conxunto das cidades galegas. O envellecemento da poboación é unha constante, con estruturas demográficas cada vez máis dependentes da inmigración para manterse. A vivenda tense convertido nun factor de exclusión en cidades como Vigo, A Coruña ou Santiago, cun mercado moi tensionado, mentres que outras como Ferrol, Lugo ou Ourense presentan maior accesibilidade pero con vivenda máis degradada.

A mobilidade segue fortemente condicionada pola dependencia do coche privado, derivada dun modelo fragmentado e sen redes intermodais consolidadas, con pouca infraestrutura para alternativas como a bicicleta ou o transporte público eficaz.

Fuente Diputación de A Coruña

Persisten tamén desigualdades en emprego e actividade económica, cun predominio de pequenas empresas e taxas de poboación activa (63,8%) por debaixo da media da UE (75%). A fenda tecnolóxica é evidente, con fortes concentracións en Vigo, que destaca polas súas iniciativas tecnolóxicas, e na Coruña, con presenza de empresas gacela, mentres que Lugo e Santiago emerxen como polos incipientes.

A falta de cohesión territorial é outra constante, especialmente visible na división entre o eixo atlántico, dinámico e ben conectado, e as áreas interiores, Lugo e Ourense, máis illadas e con menor tracción económica. Ningunha das áreas urbanas galegas acada aínda os estándares europeos en materia de contaminación, mobilidade ou adaptación climática. No eido turístico, detéctase tamén unha dinámica a dúas velocidades, cunha concentración nos municipios costeiros, estadías curtas e escasa distribución do fluxo cara ao interior

Segundo o Atlas, máis do 55% da poboación galega vive nas sete cidades principais e nas súas áreas de influencia inmediata, o que permite cualificar Galicia como unha rexión predominantemente urbana. Con todo, a análise constata unha Galicia urbana a dúas velocidades, con realidades moi diferentes entre o eixo atlántico e as urbes do interior

A medición global dos principais indicadores de sustentabilidade posiciona Santiago de Compostela como a cidade con mellores resultados (65,3 puntos sobre 100), seguida da Coruña (59,5) e Vigo (56,7), Lugo (46,2), Pontevedra (40,9), Ferrol (32,2) e Ourense (31). Esta clasificación reflicte as asimetrías estruturais que Galicia debe afrontar nos próximos anos para garantir un desenvolvemento urbano sostible e inclusivo.

Lea también

La Diputación de A Coruña financia la contratación de 311 personas en empresas de la provincia a través del PEL

Con una inversión de 3,5 millones de euros, la Diputación financia el 70% de los …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *