BNG de Ferrol solicita cambiar a ubicación prevista en Canido do skate park

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera «un erro a instalación dun skate park no parque Antón Varela de Canido e insta ao goberno municipal a buscar un espazo alternativo no propio barrio para a ubicación desta instalación».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «a cidade precisa de zonas verdes, tanto de nova creación como de manter as poucas que temos, polo que cementar 400 m2 dun xardín público vai na liña contraria a termos unha cidade máis humanizada. Trátase de ampliar as zonas de esparcimeto na cidade e non de colmatar os poucos espazos de lecer dos que dispomos».

Rivas sinala que «o parque Antón Varela é unha zona verde consolidada no barrio de Canido, amplamente empregada pola veciñanza e cunha forte carga simbólica, tanto porque leva o nome da figura de Antón Varela como por situarse na mesma o monumento as persoas represaliadas polo Franquismo na comarca, polo que a instalación desta instalación vai en detrimento desta zona do barrio como lugar símbolico do mesmo».

É por iso que o BNG «instamos ao goberno local a reconsiderar a súa decisión e a emprazar dita zona deportiva noutra parcela do barrio de Canido»

Lea también

Román Rodríguez en su visita a Ferrol pone a Galicia de referente en inclusión en centros de educación especial

La Xunta implementará una Formación Profesional Adaptada y renovará infraestructuras en el Centro de Educación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *