Ares celebra o XIV Mercadillo Veciñal de Segunda Man

A concellaría de Cultura de Ares vén de publicar as bases que regulan o XIV Mercadillo Veciñal de Segunda Man do Concello, un evento que se organizará o domingo 6 de xullo, ao longo do paseo marítimo da localidade entre as 9:00 e 22:00 horas.

Nesta iniciativa xa tradicional dentro do verán do municipio, veciñanza, asociacións e profesionais poderán poñer á venda dende as súas artesanías a unha ampla variedade de artigos de segunda man, como xoguetes, libros, roupa, calzado, bisutería ou material de coleccionismo. Só se contempla unha limitacion: non se permitirá a venda de ningún tipo de alimento ou comida.

Será unha oportunidade perfecta para intercambiar ou mercar nos 120 postos que se colocarán no municipio cunha extensión de 3 metros lineais, sendo os seus adxudicatarios os responsables de levar todo o necesario para a súa montaxe.

Con todo, a participación no Mercadillo Veciñal precisa formalizar unha inscrición previa, enchendo unha solicitude de reserva de praza e presentándoa nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares. Habilitáronse dúas quendas para a reserva: primeiro poderán inscribirse os empadroados na vila, do 16 ao 17 de xuño, e despois o resto de solicitantes, do 18 ao 19 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Cun máximo dun posto por persoa, o prezo de cada stand será de 8 euros para particulares e 10 euros para profesionais.

As solicitudes deben realizarse fisicamente, presentando a documentación de reserva de posto e pagando os importes exactos de cada stand: 8 euros os particulares e 10 euros os profesionais. Para ampliar información ou solventar dúbidas, ponse a disposición das persoas interesadas o número de teléfono 981 448 057.

 

 

Lea también

Apelón Educación ultima en Mugardos polo Nadal un programa de actividades culturais

Este Nadal, Mugardos acolle un pequeno programa de actividades culturais promovido por Apelón Educación, pensado para …